Skip to main content
Lugo

O PP reclama máis frecuencias e a construción das variantes ferroviarias

Por 23 Novembro, 2021Sin comentarios

A presidenta do PP da provincia de Lugo, Elena Candia, e a plataforma ‘Lugo… non perdas o tren’ reclaman máis frecuencias e a contrución das variantes ferroviarias que o Goberno central tiña proxectadas para esta provincia para garantir a chegada da alta velocidade e « non quedar descolgados da mesma ». Así o abordaron na reunión de traballo que a dirixente provincial mantivo na tarde de onte con representantes de dito colectivo, unha vez coñecido o desenvolvemento do AVE Madrid-Ourense.

Tanto Elena Candia como a plataforma ferroviaria sinalan que a chegada no novo servizo á cidade das Burgas «é unha boa nova », pero considérana « insuficiente » para Lugo. E é que a provincia queda só cunha frecuencia directa sen transbordo en Ourense.

« Isto déixanos moi afastados», afirman. Por iso, engaden, « pedimos unha vez máis ao Goberno que retome a construción das variantes, xa que a chegada da alta velocidade a Lugo pasa indiscutiblemente pola súa posta en marcha ».

Deste xeito, e ao abeiro dos datos realizados esta mañá pola ministra de Transportes, a presidenta provincial convida o resto de forza políticas a sumarse ás reivindicacións do PP, pois « a parte de non pedir nada novo, están dirixidas a reclamar o que demandamos todos os lucenses ; non facelo, engade, sería desentenderse das súas obrigas como partidos políticos ».