Skip to main content
Lugo

Cs propón ao pleno desenvolver un Plan de actuación para o barrio da Residencia

Por 23 Novembro, 2021Sin comentarios

O concelleiro de Cs, Juan Vidal Pardo, anunciou esta mañá que o seu grupo defenderá unha proposición no pleno que ten como obxectivo mellorar a calidade da vida no barrio da Residencia. “Nos últimos meses os veciños do barrio convocaron mobilizacións nas que fundamentalmente se reivindican dúas cousas. Por un lado, que se dote ao barrio de novos servizos polo impacto da implantación do carril bici; e por outro, que non se leve a término a planta de biomasa que se prevé instalar no novo complexo sanitario anunciado pola Xunta. Ambas foron ignoradas pola Xunta e o Concello”, sinalou o edil da formación laranxa.

Respecto á planta de biomasa o rechazo popular é exactamente o mesmo que para o carril bici, moi criticado polo seu deseño, segundo constatou Vidal-Pardo en numerosos encontros cos representantes veciñais. “Debemos recordad que este tipo de instalacións xa tiveron problemas en moitas outras cidades por situarse nas inmediacións de vivendas, e ademais neste caso concreto hai que destacar que no ámbito de afección desta planta, fixado pola UE en 500 metros, localizase varios parques infantís e centros docentes: colexio público de Casás (401 m), IES Leiras Pulpeiro (288 m), CEIP Menéndez Pelayo(422 m), Escola Infantil Municipal (390 m), Colexio Divino Maestro(455 m), Gardería Barrio Sésamo(214 m), Escola Infantil Arca de Noé (185 m), todos eles situados a menos de 500 metros da cheminea”, explicou.

“Os resultados de estudios respecto ao impacto deste tipo de instalacións indican que entrañan riscos para a saúde sobre todo no proceso de combustión, pola liberación de dióxido de carbono e monóxido de carbono en niveis que, indiscutiblemente e a pesar de filtros, restan calidade ao aire. Esta combustión aumenta a incidencia de problemas respiratorios, como alerxias e EPOC, favorecendo tamén a aparición de cancro. De feito, segundo un estudio encargado pola Unión Europea e dirixido polo doutor Mike Holland concluíse que, tras investigar 27 centrais de biomasa en casco urbano, estimase un incremento dun 30% en casos de EPOC e un 20% en cancro nestes entornos. Algo que non debería pasarse por alto”, dixo Vidal-Pardo.

“Debida á situación na que se encontra o barrio propoñemos adoptar solucións inmediatas que permitan reverter a situación de degradación que experimenta esta zona da cidade. Propoñemos crear un párking público nas inmediacións da antiga Residencia valorando a posibilidade de instalar aparcamentos en superficie ou subterráneos nas parcelas de titularidade municipal ou, incluso negociar con propietarios co obxectivo de conseguir terreos para esta fin. Por outro lado, apostamos por instar á Xunta a buscar unha alternativa de xeración de enerxía á planta de biomasa apostando por enerxías renovables de menor impacto”, concluíu.