Skip to main content
Lugo

O PP pide un Programa de Aproveitamento e Usos das Infraestructuras Culturais

Por 23 Novembro, 2021Sin comentarios

O Partido Popular insta ao goberno local a preparar un Programa de Aproveitamento e Usos dos Equipamentos e Infraestruturas Culturais de Lugo coa finalidade “de poñer en valor os diferentes espazos culturais municipais e sacar un aproveitamento dos mesmos programando contidos de interese para toda a cidadanía”. Esta proposta do PP se presenta o día no que se cumpre un ano e cinco meses dende que tivo lugar a recepción por parte do goberno de Lugo do novo Auditorio de Magoi.

Para os populares este documento debe ir acompañado dun estudo económico financeiro no que se describan os investimentos que se precisan tanto para o Auditorio de Magoi como para o Vello Cárcere, o MIHL e o Auditorio Gustavo Freire. Asemesmo, dende o Grupo Municipal Popular, consideramos prioritario definir o contido cultural de forma global  así como clarificar cal é o modelo de xestión que queremos para esta nova nova infraestructura”.

O voceiro popular Ramón Carballo afirma que esta planificación é “indispensable para evitar que haxa espazos municipais infrautilizados e para abrir á cidade a grandes producións que arestora non veñen porque o bigoberno é incapaz de abrir o novo Auditorio de Magoi”.