Skip to main content
Lugo

O Concello recibiu ao xinete Silas Barreira subcampión de España

Por 24 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo recibiu onte, no Concello, nun acto oficial, ao lucense Silas Barreira, deportista de 12 anos que quedou subcampión de España no Campionato Interautonomías de Hípica, celebrado en Sanlúcar de Barrameda, ademáis do bronce como xinete individual.

Ao encontro, tamén asistiron os portavoces da Corporación Municipal. Méndez, animou a “seguir adestrando e estudando coa mesma ilusión e a mesma enerxía para seguir levando o nome de Lugo ao máis alto e seguir acadando novos éxitos deportivos ”.

O Campionato Interautonomías de Hípica é unha modalidade hípica que é o deporte rei nos Emiratos Árabes, consiste en carreiras de cabalos de longa distancia, onde se pon a proba de resistencia dos equinos, xunto coa destreza dos xinetes e amazonas á hora de montar e dosificar aos cabalos.

O equipo infantil galego participou na distancia de 60 quilómetros quedando subcampións de España e conquistando a medalla de prata. Un total de 44 binomios tomaron a saída na proba de 60 quilómetros, na que os 63 km totais dividíronse en 3 fases de 20 km, 23 km, e 20 km cada unha delas.