Skip to main content
Lugo

José Tomé Roca e José Manuel Carballo Vázquez galardoados pola CoGaVe

Por 25 Novembro, 2021Sin comentarios

O domingo 28 de novembro terá lugar na cidade de Lugo a celebración dos VIII Premios CoGaVe ‘Crer no Movemento Veciñal’.
O acto comezará ás 12.00 horas coa entrega de galardóns no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo e ás 15.00 horas será o xantar de confraternidade.

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro, que aglutina as principais Federacións de Asociacións Veciñais de Galicia, e un total de, aproximadamente, 500 asociacións, anuncia os galardoados da VIII edición dos seus Premios ‘Crer no Movemento Veciñal’.

As designacións, por parte da Federación de Asociación Veciñais ‘Lucus Augusti’ da provincia de Lugo serán para:
– D. José Tomé Roca. Actual Presidente da Excelentísima Deputación Provincial de Lugo. Gran colaborado do tecido produtivo e movemento asociativo.
– D. José Manuel Carballo Vázquez. Persoa de referencia no Movemento veciñal lucense dende fai máis de 3 décadas. Activo fundamental na creación do Parque Público do Sagrado Corazón e a rehabilitación integral do Polígono Sagrado Corazón, entre outros moitos logros. Coordinador das Plataformas da Federación de Asociacións Veciñais ‘Lucus Augusti’ da provincia de Lugo ‘Lugo…Non perdas o Tren’, ‘En defensa dos servizos do Hula’, ‘Galicia Baleira’, ‘Plataforma en Defensa da Zona Norte’ e ‘Lugo en pé na defensa do rural’.

Con estes galardóns, a Confederación Galega de Asociacións Veciñais ‘Rosalía de Castro’- CoGaVe pretende recoñecer a labor de persoas e entidades, que dende o seu ámbito de actuación promoven os valores do Movemento Veciñal.