Skip to main content
Lugo

Lugo volverá arder do 9 ao 12 de xuño co Arde Lucus 2022

Por 28 Novembro, 2021Sin comentarios

No día de onte, as tropas romanas atravesaron a Ponte Romana sobre o río Miño para tomar a cidade de Lugo, un ano máis. Foi una entrada simbólica que, xunto a unha ofrenda aos deuses presidida pola alcaldesa de Lugo e as asociación do Arde Lvcvs, serviu para presentar esta festa de recreación histórica a xornalistas representantes de medios de comunicación de dez países e tres continentes.

A rexedora puxo en valor o enorme valor do Arde Lvcvs para divulgar o patrimonio e a historia da cidade, “unha festa que nos une como pobo e que prepararmos con paixón, orgullo e do xeito máis fidedigno e respectuoso cos nosos devanceiros”.

Méndez, que presidiu un acto de ofrenda aos deuses nas termas romanas nun acto simbólico que dará a volta ao mundo, lanzou o anuncio de que “Lugo recuperará o esplendor desta festa despois de dous anos a medio gas pola pandemia do 9 a 12 de xuño do vindeiro ano, no que se está a traballar xa para que sexa especial e teña a maior relevancia internacional posible”.

Para iso, a concelleira que dirixe Mauricio Repetto organizou este fin de semana unha xornada de convivencia entre 19 colectivos de recreación histórica e xornalistas dos medios de comunicación Le Petit Jornal, Voyage Magazin, Diva, Jenata Dnes, Agencia nacional italiana de noticias (ANSA), Axencia XINHU, Cadena Rasa, Televisión Mexiquense, Radio, Cadena 3 Arxentina, Radio e TV3 e Touristica International, que divulgarán a celebración en Francia, Italia, América Latina, China, Uruguai, Arxentina, Brasil, México, Bulgaria e Canadá.

A alcaldesa lembrou que o Arde Lvcvs é Festa de Interese Turístico Galego e Nacional, “e queremos acadar agora o recoñecemento internacional que a nosa festa merece”.

Na súa ofrenda, Méndez sostivo que “comparecemos hoxe para proclamar ante todos os meus concidadáns e concidadás, na miña calidade de edil curul maior, que honraremos unha vez máis a nosa cidade cunhas grandes festas de recreación histórica, nas que Lugo arderá, volverá a inflamarse e a incendiarse de novo, posto que o lume, efectivamente, non se apagou, para lembrar as súas orixes, pero tamén o seu futuro, dende as sextas ás terceiras calendas do mes de xuño, ou sexa, do 9 ao 12 de xuño do ano 2022”.

Así mesmo, a rexedora non dubidou en destacar “todo o patrimonio inmaterial, os recursos turísticos que posúe a cidade de Lugo e as fortalezas que complementan a nosa riqueza histórica, paisaxística, artística e monumental”.

Os xornalistas internacionais puideron gozar hoxe da entrada de lexións pola Ponte Romana, da bendición dos estandartes castrexos e romanos, previa á ofrenda na que a rexedora lucense anunciou as datas da edición 2022. Pola tarde houbo un desfile pola murallas das asociacións de recreación histórica, así como a realización de diferentes obradoiros e espectáculos en puntos estratéxicos da cidade a cargo das mesmas.

Asociacións que participaron

Cohors III Lucensium, Lucus Equites, Caetra Lucensium, Salesiani Luci Augusti, Pax Romana, Guardia Pretoriana, Caio Antítio – César – Pavlo Fabio Máximo, Senatvs de Lvcvs, Vestales de Lvcvs Avgvsti, Asemblearias de Lvcvs Avgvsti, Ara Roma, Ketix, Civitas Lvcensis, Terra Copora, Icenas, Lvgdvnvm, Tig Na N´Og, Clan de Breogán, Trebas Galaicas, Mercenarios Galaicos.