Skip to main content
As Nogais

O Grupo Socialista propón ao Parlamento dúas unidades de Primaria no CEIP das Nogais

Por 26 Novembro, 2021Sin comentarios

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia levou hoxe ao Parlamento unha proposta para reclamarlle á Xunta que manteña dúas unidades de Primaria no CEIP das Nogais.

Os pais e nais do alumnado trasladou a súa preocupación por ter agrupado a todo o alumnado de educación primaria nun único grupo cun total de 13 alumnos. Esta situación resulta inasumible por canto o centro tivo no curso pasado dous grupos de educación primaria xuntando 1º, 2º e 3º e 4º, 5º e 6º.

O Grupo dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte proposición non de lei “O Parlamento de Galicia insta Consellería de Cultura, Educación e Universidade a dotar ao CIP das Nogais do profesorado necesario para manter dúas unidades en educación primaria mantendo simultaneamente o necesario para unha adecuada atención á diversidade”.