Skip to main content
Palas de Rei

O Concello de Palas manterá as bonificacións do IBI para explotacións agrícolas e gandeiras

Por 29 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei manterá as bonificacións do IBI para explotacións agrícolas e gandeiras asentadas no termo municipal de Palas de Rei. Con esta medida o Concello aforrará ás máis de 270 explotacións do municipio, preto de 50.000 euros.

O alcalde, Pablo Taboada, considera esta medida moi importante para o sector, nun momento no que os custes de producción están disparados e influen moi negativamente na economía dun sector fundamental para o municipio. O rexedor palense anunciou, que “dita medida manterase durante os anos 2022 e 2023 para intentar axudar as explotacións dentro do posible” .