Skip to main content
Portomarín

Aberto o prazo de inscrición do servizo de madrugadores para os nenos de Portomarín

Por 27 Novembro, 2021Novembro 28th, 2021Sin comentarios

Abre a inscrición do servizo de madrugadores do Concello de Portomarín. O doberno pon a disposición das familias un servizo dirixido aos alumnos que precisen asistir ao centro escolar antes do inicio da xornada lectiva debido á incompatibilidade no horario laboral dos seus proxenitores ou titores legais co inicio da xornada lectiva.

Este servizo suporá un complemento educativo para os nenos e nenas participantes, por is programaranse actividades de carácter lúdico adecuadas as idades dos beneficiarios.

A metodoloxía a empregar será a baseada na metodoloxía TIDI (Talleres Infantís de Desarrollo Integral), na que se busca a educación integral do neno e nena grazas ao traballo das súas diferentes intelixencias a través de temáticas tales como: manualidades, gymkhanas, deportes, teatro, biale, música, medioambiente, novas tecnoloxías, educación emocional, ioga, títeres, etc.

Por tanto, dito servizo estará formado por actividades multidisciplinares da educación infantil e da educación primaria; a través das cales desarrollarán todas as súas competencias persoais de forma globalizada e divertida despertando o seu lado máis creativo mediante a experimentación, dinámicas grupais, actividades autónomas e xogos dirixidos.
Cabe sinalar, que esta metodoloxía se adaptará en todo momento ás necesidades e características socioeducativas dos nenos/as; permitindo así desarrollar actividades contextualizadas que favorezcan o seu desarrollo potencial.

O servizo está dirixido ao alumando de educación infantil e educación primaria matriculados no centro educativo pertencentes ao ámbito municipal do Concello de Portomarín – CEIP Virxe da Luz.

O servizo seguirá o calendario escolar 2021-2022 durante os días lectivos. Ente as 7.45 horas ata a entrada ás aulas de luns a venres.

As solicitudes estarán dispoñibles na páxina web do concello de Portomarín e na oficina de rexistro do concello. Poden presentarse a través da sede electrónica municipal https://portomarin.sedelectronica.gal/info.0 ; a través dos rexistros administrativos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas ou á dirección de email serviciosociais@concellodeportomarin.es indicando no asunto nome e apelidos do alumno/a e actividade que solicita.

O prazo remata o 30 deste mes o día 1 de decembro dará comezo o servizo.