Skip to main content
ES-Destacadas Otros RIBEIRASACRAXAES-Destacadas RIBEIRASACRAXA

O IES Pinguela de Monforte participou nas actividades da Aula Newton

Por 6 Novembro, 2021Sin comentarios

O alumnado do grupo 3º ESO A e B do IES A Pinguela de Monforte de Lemos foi o primeiro de Galicia en participar nas actividades da Aula Newton, no Parque Tecnolóxico de Ourense. Durante toda a mañá aprenderon a calcular distancias no globo terráqueo, establecer rutas de avión cunha brúxula e mapas a escala, traballar con millas e nudos por hora, practicar con simuladores reais de voo de Boeing, construír e conducir drons…

A Aula Newton Galicia é unha iniciativa de divulgación científica organizada conxuntamente entre a Xunta de Galicia, Boeing, First Scandinavia y Tecnópole que está dirixida ós centros educativos de Secundaria para ofrecer formación en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas mediante dinámicas prácticas, de forma que os estudantes teñen acceso a equipos que lles permiten explorar, debater, reflexionar e colaborar nas materias STEM.

Os rapaces e rapazas aprenderon e comprobaron a utilidade da Ciencia. Para rematar a xornada, repoñeron forzas no centro comercial de Ourense.