O Concello de Bóveda acollerá o vindeiro 8 de novembro unha xornada formativa sobre o castaño de fruto para que os agricultores, gandeiros e persoas en xeral que estén interesados poidan obter coñecementos e nocións básicas sobre este froito. Esta actividade está organizada pola Indicación Geográfica Protegida Castaña de Galicia.
Os interesados poden apuntarse previamente descargando a folla de inscripción no enlace da web da Consellería do Medio Rural e enviándoo cuberto a info@castanadegalicia.org ou presencialmente nas oficinas do Concello de Bóveda.
A actividade dará comezo ás 18.00 horas e terá unha duración aproximada de catro horas.