Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Os Concellos da Ribeira Sacra maniféstanse en contra do 25N

Por 26 Novembro, 2021Sin comentarios

Moitos foron os concellos que no día de onte se manifestaron en contra das violencias machistas con motivo do 25N.
En Monforte, ás 12 do mediodía, a praza do Concello encheuse de cidadáns, que acompañaron a gran parte da corporación municipal. En primeiro lugar, procedeuse á lectura dun manifesto contra a violencia de xénero a cargo da Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López. Tras a intervención da concelleira, a escritora monfortina Margarita Rodríguez Otero deu lectura a un emotivo poema. O acto na Praza do Concello concluíu coa celebración dun minuto de silencio por todas as vítimas de violencia machista.

O Concello de Sober optou por reproducir na Escola de Hostalería de Rosende e no Colexio da Pinguela Nosoutras – Relatos Femininos. Esta é a segunda parte dun proxecto de igualdade que nace co obxectivo de homenaxear ás mulleres do mundo rural e de facer visibles as condutas machistas que xerminan neste contexto. A través desta iniciativa seis testemuñas femininas narran, con auténtica humildade e sinceridade, a súa biografía e como o feito de ser muller ten influído ao longo das súas vidas.

No Concello de Bóveda e do Folgoso do Courel houbo unha concentración silenciosa diante do Concello. Tamén se fixo entrega de camisetas do 25N ao alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.