Skip to main content
Bóveda

Bóveda organiza o obradoiro de memoria ActivaMente

Por 2 Novembro, 2021Novembro 5th, 2021Sin comentarios

O Concello de Bóveda organiza ActivaMente, un obradoiro de memoria a través das novas tecnoloxías. Este está dirixido a persoas maiores de 55 anos ou con necesidades de estimulación cognitiva.

Así pois, a actividade comezará o vindeiro venres 5 de novembro de 11 a 12.30 horas no Centro Sociocultural de Bóveda. En canto ao remate do obradoiro, o último día será o mércores 17 de decembro.

Hai que lembrar que se trata dunha actividade gratuíta e con prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse chamando ao 982 42 60 06 ou enviando un mail a cultura@concellodeboveda.com