Skip to main content
Bóveda

Seguen os traballos de recuperación no Muíño dos Fernández en Bóveda

Por 11 Novembro, 2021Novembro 12th, 2021Sin comentarios

O Concello de Bóveda está a arranxar este muíño cunha axuda de Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) a cal fomenta e coordina o desenvolvemento do territorio rural galego.

Xunto con este proxecto, o Goberno local ten en marcha a rehabilitación do conxunto etnográfico do souto, en concreto a recuperación da ponte sobre o río Mao e o Camiño do Souto.

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, explica que esta intervención integral na zona “pretende poñer en valor todos estes elementos e recuperar esta contorna privilexiada para o uso público”.

O coñecido como muíño dos Fernández pode encadrarse na definición de muíño de río, pero o certo é que ten unha serie de peculiaridades e características diferenciais que son as que impulsan a súa recuperación como elemento do patrimonio cultural nunha área de importante valor natural.

Os muíños de río son un dos compoñentes etnográficos máis identificativos da paisaxe rural de Galicia, como construcións vencelladas coa vida agraria e pola súa importancia para garantir o desenvolvemento económico das zonas nas que se asentaban.

O Concello de Bóveda leva anos dedicado á posta en valor dos seus principais elementos etnográficos, como foi o caso da Ferrería de Penacoba ou a restauración do Muíño do Xil