Skip to main content
Chantada

O Concerto de Outono 2021 terá lugar en Chantada este sábado

Por 5 Novembro, 2021Novembro 6th, 2021Sin comentarios

O Auditorio Municipal de Chantada acollerá este sábado 6 de novembro unha nova programación chea de música e teatro.

O “Concerto de Outono 2021” organizado pola Coral Polifónica Chantada dará comezo a partir das 19.30 horas cunha obra de teatro “Demanda de Emprego” a cargo do grupo Faro-miño.

A continuación terán lugar diferentes obradoiros a cargo da Coral Son Ribeirao e a Coral Voces Brancas. O colofón final estará nas mans da Coral Polifónica Chantada que amenizará a noite con diversas cancións.