Skip to main content
Chantada

A Biblioteca de Chantada unha das 40 galegas que recibe a axuda para a mellora dos equipamentos

Por 28 Novembro, 2021Sin comentarios

A biblioteca municipal de Chantada, é unha das 40 beneficiarias da orde de axudas da Xunta para mellorar o equipamento das instalacións e locais dos concellos destinados a actividades culturais para a que se destinan 500.000 euros.

Trátase dunha liña de axudas “estratéxica” coa que o Goberno autonómico leva anos conseguindo estender e manter a actividade cultural en Galicia con calidade tanto no eido rural e urbano. Este apoio económico está a contribuír a que os concellos se doten dos medios necesarios para executar as súas programacións, e contar coas oportunas infraestruturas que lles permitan realizar as actividades culturais e garantir o servizo público que prestan á cidadanía tanto nos eidos rurais como urbanos.

En concreto, a través desta liña de subvencións, o Goberno autonómico contribúe ao equipamento de moblaxe de locais, a realización de obras de reforma, ampliación, modernización ou mellora de inmobles, así como a adquisición de materiais técnicos vinculados ao desenvolvemento das accións.

Esta axuda é unha oportunidade para Chantada xa que se está a mellorar unha infraestrutura que dá servizo a gran parte da comarca.