Skip to main content
Monforte

Novo curso sobre o bo manexo das explotacións lácteas en Monforte

Por 3 Novembro, 2021Decembro 22nd, 2021Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza a semana que vén no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos unha xornada sobre a importancia dun bo manexo nas explotacións de leite. Está prevista o próximo martes 9 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas.

O obxectivo é demostrar que un bo manexo pode incidir positivamente na produción do leite. Así, abordarase que é un bo manexo e falarase de aloxamentos, de condicións ambientais ou das peculiaridades a ter en conta en función do estado produtivo das vacas. Tamén das características e manexo da recría ou do benestar animal, entre outras cuestións.

A acción está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.