Skip to main content
Monforte

O Concello de Monforte gaña unha nova sentenza ó Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra

Por 14 Novembro, 2021Sin comentarios

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de informar dunha nova sentenza favorable ó Concello monfortino, ditada pola Sección 3 do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co recurso interposto polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra contra a resolución da Oficina Española de Patentes e Marcas, que concedera ó Concello monfortino o rexistro e uso da marca “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte”.

No seu fallo, a través da sentenza número 00423/2021 do 5 de novembro de 2021, sobre o Procedemento Ordinario 7295/2020, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso contencioso administrativo interposto polo CRDO Ribeira Sacra e lle obriga ó pago das costas procesais (1.500€) e ademais, contra esta sentencia so se poderá interpoñer recurso de casación.

Do mesmo xeito, o TSXG, nunha sentencia similar, a número 00414/2021 do 29 de outubro de 2021, sobre o Procedemento Ordinario 7293/2020, tamén lle deu á razón ó Concello de Monforte ante o CRDO Ribeira Sacra, sobre a marca “Festival do Viño de Monforte-Viños da Ribeira Sacra”, marca sobre a que tamén interpuxera recurso o Consello Regulador, logo de que Oficina Española de Patentes e Marcas resolvera favorablemente a prol do Concello monfortino.

Tamén nesta sentencia do 29 de outubro, o TSXG tamén obriga ó CRDO Ribeira Sacra a pagar as costas procesais (1.500€) e so cabe recurso de casación.

O Alcalde amosou a súa satisfacción “por estas dúas resolucións favorables ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a cal nos permitirá seguir celebrando con totais garantías, e co seu nome e marca oficiais, o que é un dos certames máis importantes dos que se organizan arredor do viño da Ribeira Sacra, o “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte”, e que si as circunstancias sanitarias nolo permiten, poderemos volver a organizalo para o vindeiro verán”.

Cabe recordar que este importante certame vinícola, que se celebra a principios do mes de xullo en Monforte, reúne a gran parte dos adegueiros desta Denominación de Orixe, e que supón un importante escaparate para a difusión e consumo dos viños da Ribeira Sacra, e un importante elemento de promoción turística e gastronómica.

Antecedentes

O 10 de xuño de 2020, o CRDO Ribeira Sacra presentou recurso contencioso-administrativo co obxectivo de “impugnar la decisión de la Oficina Española de Patentes y Marcas de autorizar la inscripción de la marca “Festival do Viño de Monforte-Viños da Ribeira Sacra”, nº M 4018166, Clase 41 instada por el Concello de Monforte de Lemos, suplicando que se anule, entendiendo que entra en colisión con la marca previamente registrada a su favor “Festival do Viño Ribeira Sacra”, existiendo entre ambas una identidad denominativa y aplicativa susceptible de crear un riesgo de confusión en el consumidor”.

Do mesmo xeito, e baixo os mesmos termos, tamén interpuxo recurso contra a marca “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte”.

As dúas sentencias emitidas polo TSXG, contra o argumento esgrimido polo TSXG sinala que “si bien ambas marcas se refieren a la misma categoría de servicios (la 41), pero no existe suficiente identidad o semejanza de signos susceptible de generar riesgo de confusión en el consumidor, por cuanto que los elementos que contienen ambas marcas (festival de viño, Ribeira Sacra) no tienen un carácter distintivo por sí mismos, siendo lo determinante en el presente caso “Monforte” que claramente hace referencia al lugar donde se celebra el “festival do viño”, sin riesgo alguno de confusión en el consumidor, pues identifica un festival de vinos de la Ribeira Sacra que se celebra en Monforte, lo que no obsta a la existencia de otros festivales de viños de la Ribeira Sacra que se celebren en otros lugares”.

E do mesmo xeito, o TSXG precisa que “la marca a registrar no se refiere a vinos sino a servicios, hace referencia al lugar de desarrollo del festival, no al origen de los vinos, y tampoco existe conflicto con la denominación de origen protegida, el festival es de vinos de la Ribeira Sacra y se celebra en Monforte.”

“No existe colisión alguna con la denominación de origen protegida, toda vez que no se genera confusión sobre los vinos a los que se dedica el festival están amparados por la Denominación indebidamente porque precisamente el festival versa sobre vinos amparados por esa Denominación y, en consecuencia, a la vista de la marca controvertida no cabe suponer que un consumidor medio puede sufrir confusión, por lo que tampoco concurre la prohibición del art. 5.1.g) de la Ley de Marcas”, conclúe a sentencia do Tribunal en ambas marcas.