Skip to main content
ChantadaMonforteSarria

Os parques de bombeiros de Chantada, Sarria e Monforte amplían persoal no 2022

Por 26 Novembro, 2021Novembro 28th, 2021Sin comentarios

O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este xoves o Pleno desta entidade no que se aprobou un Orzamento de 5,6M€ para o 2022, o que supón un incremento de 130.000€ con respecto a este ano. A Deputación achega 2,3M€, o 50% do presuposto.

Estes orzamentos contemplan a consignación necesaria para ampliar o cadro de persoal dos parques comarcais da zona sur da provincia -Chantada, Sarria e Monforte de Lemos– cun novo efectivo cada un. Desta maneira, os seis parques do Consorcio contarán con 20 efectivos, permitindo que dean un mellor servizo e atención.

Dos 5.613.399,41M€ que contempla o Orzamento, 4,4 está destinados a facer fronte aos salarios dos traballadores e traballadoras, 932.000€ a gastos correntes e 85.124€ a investimentos. En relación a este último capítulo, está previsto a renovación das cubertas dos parques de Monforte de Lemos e Barreiros.

Polo que respecta aos ingresos, proveñen das achegas da Deputación e da Xunta de Galicia, de 2,3M€ cada unha, e de UNESPA (Asociación Empresarial del Seguro), de 1.024.687,05€.