Skip to main content
Pantón

Pantón acolle a obra de teatro O Achado do Castro

Por 2 Novembro, 2021Sin comentarios

Este domingo 7 de novembro chega a Pantón o grupo de teatro do hospital HULA coa obra O Achado do Castro, unha obra que nos leva á Roma antiga pero que, sen embargo, faino xogando coa lingua e obrigando a que os personaxes falen con termos de hoxe en día. Esto leva a situacións cómicas cunha lingua especial.

Así pois, a actividade está organizada polo Concello de Pantón e colabora a área de cultura, patrimonio histórico artístico e Normalización Lingüística da Deputación.

A obra de teatro realizarase ás 18 horas no salón de actos da casa da cultura de Pantón e levaranse a cabo as medidas sanitarias correspondentes.