Skip to main content
Pantón

A exposición fotográfica de Os Potiños chega a Pantón

Por 16 Novembro, 2021Novembro 17th, 2021Sin comentarios

Pantón acolle na Casa da Cultura unha nova exposición de fotografía.

O grupo Os Potiños son os artífices das obras que se expoñen no segundo piso da Casa da Cultura.

O horario de visita é:

Luns a venres de 10.00h. a 20.00h.

Sábados: de 10.00 a 13.00h.

A Asociación O Potiños está integrada por personas teñen un hobbie común, a fotografía.

Pertencer á asociación permite aprender sobre esta arte, entre compañeiros e asistinto a cursos personalizados. Tamén sirve para participar en exposicións colectivas, crear exposicións individuais, etc.

Historia

A Asociación Fotográfica Carballiñesa “O Potiños” nace no ano 1985 da inquedanza pola fotografía dun grupo de aficionados da comarca do Carballiño, sendo coñecedores da gran lagoa cultural existente neste terreo, pese a que na vila xa existía un fotógrafo profesional estable antes do ano 1910, e por esas datas xa cinco veciños se ocupaban á profesión de fotógrafo.

Despois de varias xuntanzas elabóranse e se aproban os estatutos, tendo por finalidade primordial o interese pola fotografía en todas as facetas posibles, centradas basicamente nas imaxes en branco e negro e a cores, postas en papel.

Nun primeiro intre xa se pensa en recoller o material existente de vello en imaxes do Carballiño, coa finalidade de facer un fondo ou arquivo histórico e amplialo con aportacións e donacións á par que complementalo con traballos fotográficos recentes.

Na actualidade:

No ano 2003 renace o grupo de interesados pola fotografía, despois de varias conversas con algúns ex-socios e dunhas cantas xuntanzas, nas que se ultiman acordos, decídese retomar o espírito da anterior asociación fotográfica e enfiar con novas inquedanzas e algunhas modificacións o traballo encol da imaxe.

As saídas á rúa, visitas a monumentos, pobos e paraxes do entorno próximo, para recoller imaxes e o seu posterior revelado, positivado e exposición, serven novamente de aliciente para aqueles que teñen inquedanza por tan nobre arte da fotografía.

As novas tecnoloxías tamén teñen cabida nesta nova etapa, posto que as cámaras dixitais marcan unha continuidade e máis unha constante na vida cotiá e o novo formato estase a valorar moi positivamente por canto a infinita gama de posibilidades que ten.