Skip to main content
Quiroga

A iniciativa Sabios, xogos e xograres chega a Quiroga

Por 1 Novembro, 2021Novembro 2nd, 2021Sin comentarios

Este 2021 cúmprese o oitavo centenario do nacemento de Afonso X, o rei sabio, o que compuxo en galego as Cantigas de Santa María, unha das obras cume da poesía e da música medievais europeas.

Como parte da celebración deste acontecemento, o programa de dinamización lingüística FalaRedes propón, entre outras iniciativas, Sabios, xogos e xograres. Ambientada na época do rei-poeta Afonso X, a actividade inclúe unha presentación inicial, un obradoiro de xogos medievais e unha competición de xogos ao vivo.

A cita celebrarase o vindeiro sábado 6 de novembro ás 16 horas na casa da cultura de Quiroga. Así mesmo, levaranse a cabo as medidas sanitarias correspondentes para gozar dunha xornada festiva e diferente.