Skip to main content
Quiroga

Continúan os traballos para a construción do cemiterio en Quiroga

Por 22 Novembro, 2021Sin comentarios

Continúase traballando na construción da nova rúa que cunha lonxitude de 200 metros e unha anchura de 16 m. unirá a rúa Tallos coa Rego da Silva e que ademáis dará servizo ao novo cemiterio.

Precisamente no cemiterio, tras o acondicionamento dos terreos, está a piques de comezar a súa construción. Nunha superficie de 3.370 m2 dotarase a Quiroga dun novo lugar de enterramento e ademais, mediante dúas ramplas, unha delas apta para vehículos funerarios, conseguir mellor accesibilidades ao cemiterio existente.

O novo campo santo contará con 1.138 unidades de enterramento. entre panteóns e nichos e 120 unidades de columbarios para acoller cinzas. Dentro do recinto crearase unha rúa principal en diagonal da que sairán varias rúas que facilitarán o acceso tanto ás zonas de nichos, panteóns e local de culto aconfesional, así como aos demais servizos. Todo o cemiterio estará pechado cun muro de formigón visto.

Aínda que o novo cemiterio estará unido ao actual, o anterior seguirá sendo de carácter eclesiástico e o novo será municipal, polo que o seu terreo será tamén da súa propiedade. Para o seu bo funcionamento levouse a cabo un acordo co Bispado de Lugo para que o concello se encargue do mantemento dos dous e a Igrexa será quen se encargue da documentación en canto a asentamentos e rexistros tamén dos dous.