Skip to main content
O Saviñao

Proxección e coloquio con Sabela Iglesias e Pilar Abades sobre Negro Púrpura

Por 19 Novembro, 2021Sin comentarios

O Círculo Saviñao acollerá na tarde de mañá a proxección de ‘Negro Púrpura’ e, posteriormente haberá un coloquio coa codirectora do documental, Sabela Iglesias e con Pilar Abades, directora de fotografía.

A acto dará comezo ás 19.00 horas.

Sinopse

LSD, multinacionais farmacéuticas, pragas medievais, medicina popular e a CIA conectadas por un fungo alucinóxeno coñecido como “ouro negro” en Galicia no século XX. Negro Púrpura retrata un dos lugares de maior produción a nivel mundial de claviceps purpurea: Galicia. Este fungo alucinóxeno, que brota nos cereais, ábrenos as portas dunha historia tan curiosa, sorprendente y descoñecida como importante no devir da cultura e a economía de Galicia a lo largo do S.XX. Dende eses campos galegos chegan historias ciscadas que nos deixan un resaibo amargo a pan de centeo, historias que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda unha miga delirante.