Skip to main content
O Saviñao

O Círculo Saviñao acolleu a proxección e coloquio do documental ‘Negro Púrpura’

Por 22 Novembro, 2021Novembro 23rd, 2021Sin comentarios

A Produtora Illa Bufarda trouxo ó Círculo Saviñao o documental Negro Púrpura. Ó remate houbo un coloquio con Sabela Iglesias, codirectora da peza, e Pilar Abades, directora de fotografía do filme.

LSD, multinacionais farmacéuticas, pragas medievais, medicina popular e a CIA conectadas por un fungo alucinóxeno coñecido como “ouro negro” en Galicia no século XX. Negro Púrpura retrata un dos lugares de maior produción a nivel mundial de claviceps purpurea: Galicia. Este fungo alucinóxeno, que brota nos cereais, ábrenos as portas dunha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da cultura e da economía de Galicia ao longo do século XX.

Dende eses campos galegos chegan historia ciscadas que deixan un resaibo amargo a pan de centeo, historias que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda una miga delirante.