Skip to main content
O Saviñao

O Concello de O Saviñao convoca o Concurso de Postais de Nadal 2021

Por 23 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de O Saviñao convoca o Concurso de Postais de Nadal 2021.

Poderán participar tódolos nenos e nenas do concello dos cursos de infantil, primaria e secundaria.

O tema do debuxo será ‘O Nadal no Saviñao’. A postal poderá conter, de forma libre, calquer aspecto alusivo ao Nadal, adornos, luces, árbore, familia, decoración de elementos turísticos do Saviñao, das súas rúas, etc.

A forma de participar será individual e cada neno podrá entregar un só deseño. A técnica é libre, podendo utilizar pinturas, témperas, ceras, etc. O tamaño das obras será en DIN-A4, sendo obrigatorio o formato horizontal, o material de soporte pode ser papel ou cartolina.

As tarxetas deberás ser inéditas. Non se terán en conta todas aquelas tarxetas que a xuízo do xurado non reflictan realmente a creatividade do neno.

O Concello resérvase tódolos dereitos sobre o s debuxos, incluído o de reprodución e publicación en redes sociais, medios de comunicación, etc.

Prazo de entrega
Os traballos poderán entregarse ata o día 25 de novembro ás 14.00 horas no rexistro do Concello ou na secretaría dos colexios de Escairón e Currelos, cos seguintes datos no dorso do debuxo ou nun folio aparte.

Premios e categorías
Categoría Infantil (4º, 5º e 6º Infantil): Vale de 50 euros no comercio local ata o 15/12/2021 + Diploma acreditativo.
Categoría Primaria A (1º, 2º e 3º Primaria): Vale de 50 euros no comercio local ata o 15/12/2021 + Diploma acreditativo.
Categoría Primaria B (4º, 5º e 6º Primaria): Vale de 50 euros no comercio local ata o 15/12/2021 + Diploma acreditativo.
Categoría Secundaria (1º, 2º, 3º e 4º ESO): Vale de 50 euros no comercio local ata o 15/12/2021 + Diploma acreditativo.
Categoría Absoluta: O gañador absoluto será o deseño escollido polo xurado entre os gañadores de cada categoría. A postal que resulte gañadora absoluta será publicada no calendario de Nadal do Concello do Saviñao, indicando o nome do gañador ou gañadora, o curso e o centro escolar.

A entrega de premios notificarase con antelación ós gañadores.

O xurado estará composto por membros do concello do Saviñao.

Aceptación das bases
Tódalas cuestións non previstas nestas bases serán resoltas pola sección de Cultura e Servizos Sociais do concello do Saviñao.

A presentación a este concurso implica necesariamente a aceptación de tódolos puntos das presentes bases.