Skip to main content
O Saviñao

O Concello do Saviñao segue a traballar para restablecer a traída de auga

Por 30 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello do Saviñao segue a traballar para restablecer a traída de auga que se viu obrigado a cortar dende a tarde de onte.

Na tarde de onte arderon dúas bombas e dous motores da ETAP por causas descoñecidas, isto foi a causa pola que o Concello se viu obrigado a cortar o subministro de auga de traída.

O Concello afirma que “dende o primeiro instante que se rexistrou a incidencia, dende o goberno local comezamos as xestións para buscar a reposición dos elementos danados e poder restablecer así o servizo no menor tempo posible”.

Tras atopar as bombas e os motores en Granada, o Concello enviou un vehículo e dous condutores para que conduzan sen descanso ata recoller o material. A previsión é que estea no Saviñao hoxe ás 12.00 horas.

Unha vez estea instalado, restablecerase o servizo. No momento en que isto ocorra informarase á cidadanía a través dos medios de comunicación e doutras canles como as redes do Concello.