Skip to main content
Sober

Hoxe foi o día dedicado a Sober na feira gastronómica Xantar

Por 3 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Sober conta un ano máis cun stand propio na Feira ‘Xantar, 22º Salón Internacional de Turismo Gastronómico’, que se celebra do 3 ao 7 de novembro en Expourense, na cidade das Burgas.

Esta cita é unha oportunidade para darse a coñecer ante os miles de visitantes como un destino próximo, completo e único.

Hoxe foi o día dedicado a Sober e houbo unha degustación de viño de Amandi e rosca de Sober con queixos das diferentes D.O. protexidas de Galicia.

O stand de Sober aproveitarase para promocionar os seus principais atractivos turísticos, entre os que destaca o seu emprazamento na Ribeira Sacra o que lle outorga incribles paisaxes; os seus miradoiros, os seus afamados viños de Amandi, que pertencen á D.O. Ribeira Sacra e outros atractivos, como a olería de Gundivós, o seu románico rural a súa oferta en aloxamentos rurais e locais de hostalería e restauración.