Skip to main content
Sober

Charla sobre a escavación do xacemento romano en Sober

Por 18 Novembro, 2021Novembro 20th, 2021Sin comentarios

O Ateneo Casino acollerá este venres 19 de novembro unha charla sobre o proxecto arqueolóxico de Proencia, na parroquia de Proendos en Sober.

Esta charla a cargo de Fran Alonso, o director do proxecto informará sobre as dúas campañas de escavación que se levan feitas no xacemento romano, con resultados tan impresionantes como un gran hórreo de ata 15 metros de longo, en excelente estado de conservación.

A charla acompañarase dun viño D.O. Ribeira Sacra da Adega Proencia. Participará no acto o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.

O evento comezará ás 20:15. Para asistir, é preciso reservar praza no teléfono 648 435 033, preferiblemente por WhatsApp.