Skip to main content
Sober

Chechu salgado nominado aos premios Goya 2022

Por 29 Novembro, 2021Sin comentarios

O veciño do Concello de Sober Chechu Salgado está nominado ao Premio Goya 2022 como mellor actor revelación. A nominación ven dada polo seu traballo no filme Las leyes de la frontera onde o actor galego interpreta a Zarco.

Sinopse
Verán de 1978, Ignacio Cañas é un estudante de 17 anos introvertido e algo inadaptado que vive en Xirona. Ao coñecer a Zarco e a Tere, dous xoves delincuentes do barrio chinés da cidade, vese inmerso nunha carreira imparable de furtos, roubos e atracos. É a historia na que Nacho se fai maior, cruzando a liña que hai entre o ben e o mal, entre a xustiza e a inxustiza.

Outros traballos nos que se pode ver a Chechu Salgado son Serramoura, Fariña, La Caza, Servir y Proteger, Desaparecidos, Patria e Madre. Amor y vida.