Skip to main content
Láncara

O Concello de Láncara saca a licitación para o servizo de axuda no domicilio

Por 17 Novembro, 2021Novembro 18th, 2021Sin comentarios

Sacada a licitación o servizo de axuda no domicilio no Concello de Láncara durante tres anos por un importe de 1.419.143 euros.

As empresas interesadas deberán presentar as ofertas antes do 2 de decembro que remata o prazo.

O fin é a de prestar o servizo aos veciños dependentes que o precisen.

Despois do estudo efectuado polo Concello o custe por hora ordinaria de dependencia é de 18,86 euros mentres que a hora extraordinaria é de 25,66 euros obtendo como resultado un custe anual de 473.047,75 euros. Por outra banda, a hora de libre concorrencia é de 19,94 euros.

A empresa que estaba a realizar estas tarefas no Concello renunciou á posibilidade de prórroga de dous anos ao finalizar o seu contrato.

Nesta ocasión, a empresa que gañe o concurso deste servizo poderá prorrogar o seu servizo durante un ano.

Para as persoas dependentes o horario de atención será de 8.00 a 22.00 horas de luns a domingo festivos incluídos mentres que as persoas sen recoñecemento de dependencia será de luns a venres de 8.00 a 22.00 horas, excluídos festivos.