Skip to main content
Comarca SARRIAXA

Xornada de éxito para o SD O Páramo

Por 29 Novembro, 2021Sin comentarios

Xornada de éxito para o SD O Páramo que acada a segunda posición na clasificación despois do encontro co Santa Comba no que gañou pola mínima.

O partido comezou cun claro dominio do equipo visitante que se fixo co 0-1 no minuto 20. A partires de aí os locais colleron o xogo con forza chegando a empatar cinco minutos máis tarde. O marcador quedaría sentenciado no 45′ cando Diego marcou o 2-1. Este resultado foi defendido polo equipo do Páramo ata o final do encontro, facéndose coa vitoria que os levaría ao segundo posto da táboa.

Non foi tan gratificante para o SD Paradela e o Incio Terra Brava CF que perderon os encontros desta fin de semana.

O que foi líder durante as primeiras xornadas caeu contra o Corgo que foi capaz de endosar 6 goles na portería do SD Paradela. O resultado final foi de 2-6 deixando aos locais terceiros na clasificación.

Por outra banda, O Incio pelexou ata o final nun encontro moi disputado contra o Río Sil que obtivo como marcador final 2-1 deixando ao equipo da comarca de Sarria penúltimo na clasificación.