
O Concello do Incio colabora co ANPA do CEIP Ricardo Gasset para ofrecer clases de música tradicional para adultos.
Esta actividade promove a cultura galega popular ensinando ás persoas interesadas gaita e percusión.
As clases terán lugar no mercado gandeiro de 10.30 horas ás 11.30 horas.
Os interesados e interesadas en participar poden anotarse no Concello do Incio.