Skip to main content
Láncara

Programación de actividades extraescolares en Láncara

Por 14 Novembro, 2021Novembro 15th, 2021Sin comentarios

O Concello de Láncara presentou a programación das actividades extraescolares para o curso 2021-2022.

Este tipo de actividades teñen como obxectivo apoiar o deporte base e que os rapaces e rapazas da contorna fagan parroquia e leven a cabo actividades saudables.

As actividades a realizar serán Fútbol Sala para nenos a partir de 5 anos (nados entre o 2003 e 2016) levarase a cabo no Pavillón Municipal e haberá diferentes categorías dependedo da idade.

Kung Fu/Wu Shu é unha actividade enfocada a nenos e nenas a partir de 8 anos e terá lugar no Ximansio do Colexio Público Ramón Piñeiro e no Pavillón Municipal.

Atletismo e Campo a través son dúas actividades para aqueles mozos e mozas maiores de 6 anos e contará con entrenamentos no Pavillón Municipal e saídas ao exterior.

Baloncesto será un deporte enfocado para aqueles rapaces e rapazas de máis de 8 anos e terá lugar no Pavillón Municipal.

Será a partir de Xaneiro do ano 2022 cando os pequenos e pequenas maiores de 5 anos poderán realizar Pádel/Badminton no Pavillon Municipal e nas pistas de pádel municipais.