Skip to main content
Láncara

O orzamento de Láncara será de 2,3 millóns de euros no 2022

Por 30 Novembro, 2021Sin comentarios

Na última sesión plenaria, o goberno aprobou as contas de cara ao 2022. O Concello contará cun orzamento municipal de 2.319.726 euros. Isto supón un incremento respecto ao ano pasado de 92.000 euros.

Algunhas das partidas recollen 32.000 euros para a Feira da Tenreira Galega, subvencións nominativas para a asociación cultural Val de Láncara, agrupación de mulleres rurais 5.000 euros ou o equipo de fútbol sala con 3.000 euros.

O grupo popular que se opuxo a aprobación destas contas destacou que nestas partidas non se contemplan o apoio ao sector gandeiro, nin o incentivo á natalidade ou a promoción de Láncara como un lugar idóneo para vivir.

Por unanimidade, se aprobou unha moción do BNG a favor do sector lácteo na que o grupo PP introduciu unha emenda para incluír ao sector cárnico.