Skip to main content
O Páramo

O Páramo ascende catro postos na clasificación da Liga

Por 10 Novembro, 2021Novembro 11th, 2021Sin comentarios

SD O Páramo arrebatoulle o cuarto posto na táboa ao CD Corgo ao enfrontarse contra él e gañarlle 0-1 esta fin de semana. Despois dun encontro moi igualado, Jonatan marcou no último minuto do partido.

O enfrontamento, xogado no Municipal do Corgo foi moi intenso ata o final cando no minuto 90 os visitantes lograron burlar ao gardametas local e facerse coa vitoria.

A tensión no ambiente foi incrementando ata os derradeiros instantes do encontro. Do partido é salientable que o equipo visitante chegou tan só cun suplente e levaron a cabo todo o xogo sen realizar cambios nos xogadores.

Grazas a esta vitoria o SD O Páramo acada unha das posicións de vantaxe deixando atrás os postos baixos da táboa. Dando un paso máis cara ao ascenso.

Na próxima xornada o SD O Páramo enfrontarase ao Spórting Lucense que vai un posto por enriba na clasificación.