Skip to main content
Samos

O Concello de Samos restaurará o tellado da Biblioteca Municipal

Por 11 Novembro, 2021Novembro 12th, 2021Sin comentarios

Despois de cambiar as ventás e as portas o Concello céntrase en renovar as lousas do tellado para poder ofrecer unhas infraestruturas en condicións aos seus veciños.

O edificio que conta con máis de 100 anos de antiguidade tiña pequenas goteiras que se verán solucionadas ao longo da semana que vén co cambio de tellado.

Desta forma, as obras que agardan no seu interior estarán máis protexidas e polo tanto mellor coidadas.

Esta restauración súmase ao cambio que se fixo fai pouco das ventás e portas do edificio.

As melloras no Concello non cesan xa que durante estos días tamén se puideron observar cambios nas rúas de Samos.

Entre estas renovacións podemos atopar os novos bancos de pedra que contan cunha frecha de peregrino ou os contenedores do casco urbano. Así como o tramo do Paseo en Renche ou a pista entre Teibilide e Rosende.