Skip to main content
Samos

Samos segue coas melloras no Concello e instala contedores de aceite

Por 18 Novembro, 2021Novembro 19th, 2021Sin comentarios

O Concello de Samos segue a mellorar os servizos que ofrece aos veciños. Nesta ocasión encargouse de instalar tres contedores para a recollida de aceite.

O aceite usado, sobrante de fritir alimentos é habitual que se tire polo sumidoiro. Este é un erro moi grave xa que o aceite doméstico usado pode causar importantes danos medioambientais. Non só atasca tubos e redes de sumidoiros, senón que o aceite que acaba en ríos e océanos ten un gran valor contaminante e dificulta o intercambio de osíxeno danando o ecosistema dos animais mariños.

O aceite depositarase no contenedor en botellas de plástico.

Estos cambios súmanse ao cambio do tellado da biblioteca, ao Pasen en Renche e aos novos colectores do lixo instalados no Concello.