Skip to main content
Sarria

O mosteiro da Magdalena de Sarria

Por 1 Novembro, 2021Sin comentarios

Sarria conta con numerosas edificacións de gran valor histórico e cultural, entre as que destacan as de carácter relixioso. Unha delas é o mosteiro da Magdalena de Sarria, un edificio que, actualmente, funciona coma albergue relixioso para peregrinos do Camiño de Santiago e para turistas que visita a vila. De feito, esta nova funcionalidade adquiriuna a partir do ano 2012.

O mosteiro atópase preto do casco histórico da cidade e fundouse sobre o ano 1200, na mesma época que a vila de Sarria. Segundo a tradición, dise que foron dous italianos que volvían da súa peregrinación de Santiago, os que decidiron fundar un mosteiro e un hospital para atender a peregrinos. Ademais, o ano no que se conta coa primeira noticia documentada é o 1219.

Foron moitos os anos nos que o mosteiro estivo ocupado por monxes que, nun primeiro momento, seguían a regra de San Agustín. Sen embargo, xa no ano 1568 o mosteiro foi independente e constituíu o primeiro asentamento da Orde en Galicia.

Hai que destacar que o mosteiro se atopa no Camiño Francés e é a vía a Compostela máis recoñecida. De feito, a porta de entrada atópase no mesmo Camiño de Santiago e dende aí, pódese ver toda a vila de Sarria. Así mesmo, o mosteiro tamén destaca pola súa arquitectura característica e de gran valor histórico.

Esta edificación e as diferentes obras coas que se lle realizaron, foron financiadas a través de donacións da nobreza local, sobre todo por membros do clero e poñendo principal atención á orde de San Agustín. Un exemplo de isto foi o caso de Nuño Álvarez de Guitián, mestre e canónico da catedral de Ourense que deixou no seu testamento, despois de ser atendido no mosteiro de Sarria, o orzamento necesario para moitas das obras da capela maior e da súa decoración. Outros dos grandes nobres nos que destaca o seu vínculo co mosteiro son os Condes de Lemos, que realizaron donacións ao mosteiro durante os séculos XVI e XVII.

Arquitectura do mosteiro

A arquitectura do mosteiro é de orixe románico, sen embargo, ao longo do século XIX realizáronse diferentes obras de reforma que deixaron a edificación practicamente co aspecto que ten hoxe en día. De feito, hai que ter en conta que non todas as partes se construíron ao mesmo tempo, polo que a variedade de estilos que o compoñen é importante.

Polo seu lado, a fachada actual do mosteiro, a torre campanario, algunhas das actuais dependencias e a fachada e pórtico principais -coñecidas coma Porta dos Carros-, foron construídas ao longo do século XVIII, empregándose un estilo barroco.

En canto á igrexa do mosteiro, conta cun templo de nave ampla, unha cuberta de madeira e con capelas absidiais. Esta é de orixe italiano e chegou a Galicia nos séculos XIV e XV a través dos franciscanos e dominicos.

Así mesmo, hai que destacar na construción o claustro procesional, unha pequena arquitectura de planta cadrada que ten dous corpos de altura e que se atopa no lado norte da nave da igrexa. Esta edificouse nas primeiras décadas do século XVI seguindo o estilo gótico, mentres que a planta superior foi en orixe unha obra clasista que se construíu entre finais do século XVI e comezos do XVII.

Finalmente, en canto ás obras renacentistas coñécense os nomes de varios dos artífices, entre os que se atopan Pedro e Juan Rodríguez, dous mestres canteiros que se quedaron en Sarria. Sen embargo, o nome máis importante en canto a este estilo é o dos arquitectos da fachada actual: José Cachafeiro Escudero -da torre das campás- e Fajardo -deixou unha inscrición que aínda é visible na edificación: Fajardo Fecit 1730-.