Skip to main content
Sarria

O Buril recupera a actividade tras a pandemia

Por 9 Novembro, 2021Novembro 10th, 2021Sin comentarios

Faino co primeiro concerto que se cancelou debido á situación epidemolóxica.

O Rock encabeza as listas de venta oficiais e está máis de moda ca nunca, por iso, o Buril será o escenario escollido polo grupo Sr. Salvaje para ofrecer unha noite chea de ritmo e bo gusto aos sarrianos e sarrianas que busquen despexar e pasar un rato de lecer.

Sr. Salvaje fai un alto na gravación do seu próximo LP para coller ritmo e o calor do público tras a publicación do seu último single: Miss Fortuna.

Guillermo Vistoso (guitarra e voz), Antón Torroncho (baixo) e Emilio Iniesta (batería), son tres personaxes habituais na escena musical galega que conforman este proxecto sen tapuxos, partindo de sons que recordan ao rock nacional sen esquecer os referentes do Rock americano dos anos 70.

A actuación será o vindeiro sábado 13 de novembro e dará comezo ás 23.00 horas no Buril.

A entrada costará 5 euros.