Skip to main content
Sarria

Comeza o asfaltado na rúa Calvo Sotelo de Sarria

Por 15 Novembro, 2021Sin comentarios

Dende as 8.30 horas de hoxe, o Concello de Sarria procederá ao asfaltado da rúa Calvo Sotelo entre o cruzamento da Cigüñeira ata a rotonda da saída cara a Samos, sempre que o permitan as condicións meteorolóxicas.

A Policia Local elaborou un plan de circulación debido a que se cortarán vías principais e procederá á colocación de indicadores de dirección, así como de sinais obrigatorios para facilitar os percorridos dentro do centro urbano.

O Concello e a Policía Local, informan que o acceso á zona en obras está restrinxido, así tamén, rogan que se obedezan as indicacións e sinais instaladas.
Para calquera aclaración relacionada coa mobilidade dentro do centro urbano de Sarria pódense poñer en contacto coa policía local no número de teléfono 982 530 850.