Skip to main content
Sarria

O PP de Sarria presentará unha moción pola marquesiña de Aguiada

Por 24 Novembro, 2021Sin comentarios

O PP de Sarria levará ao seguinte pleno unha moción pola marquesiña instalada no lugar de Aguiada, parroquia de Calvor.

O Partido Popular sostén que “a marquesiña instalouse no mes de outubro deste ano nunha localización que nunca foi parada oficial de buses nese núcleo de Aguiada e incumprindo toda normativa vinculada ao transporte escolar de menores”.

Os concelleiros sinalan que “a colocación desta marquesiña aporta un risco innecesario dado que obriga aos menores a cruzar a vía cando chega o transporte escolar, aumentando o risco de atropelos”. Ademais, recordan un dos puntos da normativa de transporte escolar “a parada dun vehículo de transporte escolar debe de estar na marxe dereita da vía, dirección ou centro de ensino”.

Os do PP solicitan ao Alcalde e ao Goberno municipal “que traslade á Deputación Provincial de Lugo o malestar dos veciños de Aguiada pola localización de dita marquesiña. Solicitándolle ao ente Provincial a petición de reposicionar no lugar que tiñan os veciños de costume, cumprindo a normativa relacionada co transporte escolar de menores”.