Skip to main content
Sarria

Xa se pode visitar a exposición de Mail Art en Sarria

Por 27 Novembro, 2021Sin comentarios

Xa se pode desfrutar na Antiga Prisión Preventiva, Oficina Municipal de Turismo de Sarria da exposición de Mail Art do Camiño de Santiago.

A exposición estará ata o día 17 de decembro e pódese visitar dende as 9.00 ata as 14.00 horas.

Mail Art

O “mail art” ou arte postal é unha forma de expresión artística que consiste na total liberdade de intercambio de calquera documento ou obxecto artístico que poida circular a través dos servizos postais e que ten como único obxectivo a comunicación. Correos pretende poñer en valor as obras de arte postal e difundir no noso país esta corrente artística internacional nada nos anos 50 para establecer correntes de comunicación alternativas aos circuítos oficiais de arte.