Skip to main content
Triacastela

O Obradoiro de emprendemento do ‘DestinoCourel’ ten lugar hoxe en Triacastela

Por 24 Novembro, 2021Novembro 25th, 2021Sin comentarios

Hoxe estáse a celebrar en Triacastela o I Obradoiro de emprendemento “Destino Courel” sobre o mundo da castaña e do mel para profesionais ou futuros profesionais do territorio.

O xoves 25 terá lugar o Obradoiro de creación de experiencias turísticas, para o que quedan 28 das 40 prazas dispoñibles.

“Destino Courel” é unha iniciativa creada pola asociación GDR Ribeira-Sacra Courel que se definiu en 2020 como a marca do xeodestino O Courel, que abarca os concellos de Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela, e polo cal pasa o Camiño francés. O obxectivo é crear, mellorar e consolidar diferentes proxectos e negocios sustentables no Destino Courel de Lugo, o cal supón unha nova aposta por parte dos catro concellos por poñer en valor o talento e os recursos.

A actividade está dirixida a todas a aquelas persoas que estean interesadas en comezar a súa andaina nun oficio ou proxecto relacionado coa castaña e o mel a través do emprendemento, sen esquecer todos aqueles profesionais que queiran desenvolver ou mellorar o seus modelos de negocio ou actividades profesionais neste sector. Entre os tipos de negocio aos que vai dirixido este tipo de formación encóntranse negocios de restauración, obradoiros de pastelería e confeituras, produtores de experiencias turísticas, produtores de mel, artesáns, comerciantes, etc.

Programarase un modelo de encontro aberto no que se fomentará a participación dos profesionais ou futuros profesionais, ampliando a súa formación e coñecementos especializados, aportando solucións, presentando casos de éxito, resolvendo dúbidas, optimizando a súa actividade, atendendo as súas suxestións e recomendacións; co fin último de mellorar a oferta de negocios e proxectos emprendedores sustentable á vez que se explotan os produtos estrela da zona, pero sen esquecer a importancia de xerar un ecosistema colaborativo no destino.

O I Obradoiro de Emprendemento “Destino Courel” pretende fortalecer e empoderar a imaxe dos empresarios e do entorno; crear neste destino, un punto de referencia turístico; fomentar o desenvolvemento sostible, etc. Será un punto de encontro entre profesionais
no que compartir inquedanzas, abordar novos retos, ofrecer solucións, analizar casos de
éxito e achegar ferramentas necesarias para aproveitar as oportunidades do contorno local mediante o emprendemento e a xestión do recursos gastronómicos locais.

Como se desenvolverá a xornada?
A riqueza da gastronomía do Courel, baséase principalmente nos alimentos máis característicos da zona como as castañas e o mel, que serán o foco central do I Obradoiro de Emprendemento “Destino Courel”.

16:00 – 16:15 horas: Benvida e introdución ao workshop.
16:15 – 16:45 horas: Cultura emprendedora: dos 0 aos 100 anos.
16:45 – 17:15 horas: Como podo rentabilizar a miña estructura ou o meu territorio?
17:15 – 18:00 horas: Videos de inspiración e análise de casos de éxito.
18:00 – 18:30 horas: PAUSA CAFÉ & NETWORKING.
18:30 – 19:00 horas: Oportunidades no Destino Courel.
19:00 – 19:30 horas: Emprender coa castaña e o mel, unha visión diferenciadora!
19:30 – 20:15 horas: Dinámica do descubrimiento.
20:15 – 20:30 horas: Recapitulación e Clausura