Skip to main content
Triacastela

Aberto o proceso de selección dun administrativo en Triacastela

Por 29 Novembro, 2021Novembro 30th, 2021Sin comentarios

O Concello de Triacastela ven de publicar as bases que rexen o proceso de selección dun administrativo/a financiado con cargo ao Programa de Fomento de Emprego 2021 da Deputación Provincial de Lugo.

Por Decreto de Alcaldía de 17 de novembro do 2021, foron aprobadas as bases específicas para a selección e posterior contratación dun traballador a xornada parcial para o posto de Administrativo ao abeiro do Programa Fomento do Emprego de conformidade ao Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021 da Deputación Provincial de Lugo.

A duración do contrato será de 10 meses.

As solicitudes entregaranse en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres no Rexistro Xeral ou na sede electrónica http://triacastela.sedelectronica.gal.

As bases específicas da convocatoria poden consularse no taboleiro de anuncios do concello de Triacastela ou na sede electrónico.

Este proceso selectivo está exento de tazas.