Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

Entregados os premios do concurso sobre violencia de xénero do GDR

Por 24 Novembro, 2021Sin comentarios

Sete nenas e dous nenos son os flamantes gañadores do concurso de debuxos O rural contra a violencia de xénero, o certame organizado polo GDR Terra Chá dentro dos actos conmemorativos do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra este xoves, 25 de novembro e cuxo acto central consistiu nunha andaina popular, o pasado 13 de novembro, na que participaron os 24 GDR de Galicia en colaboración con la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

A Comisión Permanente da Asociación de Desenvolvemento Terra Chá (GDR-2 Terra Chá) reuniuse esta mañá para deliberar e elixir os traballos gañadores entre os case 80 debuxos finalistas presentados, e as obras premiadas pertencen a Yousra, Icia, Yasir, Antía, Elisa, Ariana, Diego, Paula e Zaida, escolares de Educación Primaria entre seis e doce anos de idade que nos seus debuxos mostraron a súa particular visión sobre esta terrible lacra social.

A cor violeta, todo un símbolo da violencia de xénero, predomina en moitos dos traballos presentados onde tamén están moi presentes temas como a igualdade de dereitos entre mulleres e homes e as balanzas da xustiza.

Tres categorías e cinco colexios participantes

O concurso consta de tres categorías divididas por cursos: a primeira categoría inclúe a alumnos/ as de 1º e 2º, a segunda categoría a alumnos/as de 3º e 4º de primaria, e a terceira categoría ao alumnado de 5º e 6º. En cada unha das categorías haberá tres premios para ou primeiro, segundo e terceiro clasificado de tódolos colexios presentados.

En total concederanse nove premios que consistirán en lotes de libros e material de pintura cuxa entrega se realizará nos próximos días.

O certamen de dibuxo se enmarca dentro das actividades complementarias realizadas polo GDR Terra Chá  no marco da campaña O rural contra a violencia de xénero levada cabo de xeito conxunto polos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia gracias ao convenio asinado entre a Consellería de Medio Rural e a Secretaría Xeral pola Igualdade da Xunta para a realización de accións enmarcadas no Paco de Estado Contra a Violencia de Xénero.