Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

Os diferentes concellos da comarca tinguíronse de negro

Por 26 Novembro, 2021Sin comentarios

Os diferentes concellos da comarca tinguíronse de negro hoxe en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero ou 25N. Así, a veciñanza reuníuse fronte aos edificos consistoriais ou nas prazas principais para facer lecturas de manifestos ou actividades como andainas e concentracións para visibilizar esta lacra social.

A violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos mais extendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre as que apenas se informa debido á impunidade da cal desfrutan os perpetradores, e o silencio, a estigmatización e a vergoña que sofren as víctimas. En xeral, a violencia maniféstase de forma física, sexual e psicolóxixa, e inclúe: violencia por un compañeiro sentimental; violencia sexual e acoso; trata de seres humanos; mutilación xenital; matrimonio infantil; …

A Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller emitida pola Asamblea Xeral da ONU en 1993, define a violencia contra a muller como “todo acto de violencia que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual o psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto si se producen na vida pública como na vida privada.”

Os efectos psicolóxicos adversos da violencia contra as mulleres e as nenas, ao igual que as consecuencias negativas para a súa saúde sexual e reproductiva, afectan ás mulleres en toda etapa das súas vidas. Por exemplo, as desventaxas temperás en materia de educación non só constitúen o obstáculo principal para acadar a escolarización universal e facer cumprir o dereito á educación das nenas, logo tamén se restrinxe o acceso á educaciónsuperior da muller e limita as súas oportunidades de emprego. Aínda que todas as mulleres, en todas partes do mundo, poden sofrer violencia de xénero, algunhas mulleres e nenas son particularmente vulnerables, como as nenas e as mulleres maiores, as mulleres lesbianas, bisexuais, transxénero ou intersex, as migrantes e refuxiadas, as dos pobos indíxenas ou minorías étnicas, … en definitiva, a violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para acadar a igualdade, desenvolvemento, paz, así coma o respeito dos dereitos humanos de mulleres e nenas.