Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Realizan unha camiñada en Friol para amosar os modelos de aldea real

Por 13 Novembro, 2021Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego en Friol organizou unha camiñata cunha conversa-debate sobre os modelos de aldea real, a que partiu desde a Torre de San Paio de Narla, pasando polos lugares de Castronela, Eirexe, Condes ou Guimarei.

A produción sustentábel, os modelos de ordenación do territorio ou a aldea como eixo fundamental de asentamento foron as temáticas que se reflexionaron durante esta actividade.

Con este debate ao pé da cuestión, o BNG reflictiu a necesidade de pór de manifesto os diferentes modelos de aldea reais que existen en Galiza e como está a afectar as políticas do Partido Popular á fronte da Xunta neste eido.

A responsábel do BNG en Friol, Loli López, destacou a importancia de aplicar políticas que sexan verdadeiramente positivas para o rural “a aldea modelo que está a impor o PP na Xunta non é máis que pura cosmética, precisamos aplicar políticas que constrúan un rural vivo no que poidamos vivir e traballar e non como un lugar anecdótico e singular”.

Neste sentido, a nacionalista subliñou as grandes potencialidades que posúe Friol “na camiñata vimos proxectos e modelos que son posíbeis cun xiro de rumbo, precisamos facer grande o noso rural para desenvolver plenamente o noso país, en Friol temos potencialidade de sobra para garantir un futuro digno e próspero no rural”