Skip to main content
Agro TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

O PP di que o tecido produtivo da provincia sofre polos prezos da enerxía e os pensos

Por 26 novembro, 2021Sin comentarios

“O tecido produtivo lucense atravesa unha situación moi complicada, debido, entre outros factores, o encarecemento da enerxía eléctrica e o gasóleo. Un dos sectores máis prexudicado é o gandeiro”, como sinala o portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, que dende Friol, e en compañía do alcalde, José Ángel Santos, anuncia a presentación dunha iniciativa na Deputación para que o Goberno cambie de estratexia, tanto na política enerxética como na laboral e tributaria, e non afogue ao tecido económico lucense.

Castiñeira sinala: “Que o tecido económico, produtivo, lucense sufre é un feito. O grupo provincial do PP leva meses denunciando esta situación, incluso anos poñendo de relevo o mal momento que pasa a nosa industria, os problemas que ten o sector pesqueiro, as dificultades da construción, os atrancos que padecen os nosos comerciantes. Dende Friol, queremos falar dun dos sectores máis afectados: o gandeiro, que é moi importante para a economía lucense”.

O portavoz popular destaca que “na provincia temos máis de 3.100 explotacións, que producen practicamente o 45% do leite galego, que, a súa vez, supón o 40% do leite nacional”. Destaca que “estes datos convértennos nunha das zonas máis importantes de produción láctea de toda Europa; é moi importante para a economía lucense, máis aínda cando esas 3.131 explotacións están  espalladas por todo o territorio lucense, co que é fundamental para a economía rural da nosa provincia”.

O portavoz popular constata que “este sector está a sufrir un dos peores momentos  dos últimos anos”.  Sinala: “Os altos custos  da produción non se ven corrixidos polo prezo de venda. Iso é incumprir a lei da cadea alimentaria. Estamos a pedir que se garantan uns prezos mínimos. Os nosos gandeiros fan ben o seu traballo; modernizaron as explotacións  nestes anos e están a traballar arreo para dar boa calidade de leite, para seguir producindo a cantidade que demanda a nosa sociedade”.

O PP demanda “un cambio da política do Goberno, da nefasta política enerxética que eleva os custos de produción, porque sube o prezo do gasóleo e da luz, o que provoca encarecemento dos pensos”. Engade: “É unha mala política de impostos e unha mala política laboral, que prexudican aos nosos autónomos e aos nosas empresas, que se ven afogadas e atravesan un momento moi malo”.