Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAGuitiriz

“O obxetivo do club é unificar a xente cunha mesma afección e servir de respaldo para os socios”

Por 21 Novembro, 2021Sin comentarios

Marcos Rego é o presidente do Club BTT Cova da Serpe, organizador de actividades como BTTeando por Guitiriz.

Coa chegada do inverno cambian moitas das actividades que realizan as asociacións e clubs deportivos. Hai que adaptarse ao clima e aos novos horarios de luz e laborais polo tanto todo o que se organiza está medida e calculado para poder acoller o maior número e participante posible.

Hoxe en día as persoas únense en colectivos para desenvolver a súa actividade preferida e así foi como pasou en Guitiriz onde naceu no 2014 con forza o club BTTeiros A cova da Serpe, cando un grupo de veciños despois de levar un tempo xuntándose todos os domingo para percorrer os montes do Concello decidiron ir un paso máis aló. “Desde aquela realizamos unha proba no concello onde xuntamos a cerca de 200 participantes, colaboramos con entidades na realización de probas deportivas e realizamos outras para os máis novos”, explica Marcos Rego, presidente da entidade.

A día de hoxe forman parte do club un total de 62 socios, a maioría deles do Concello, pero o impulso que lle deron á actividade e o club trae cada ano máis xente nova de zonas limítrofes. Marcos Rego relata como está a traballar a asociación.

Cal é o obxetivo do mesmo? Con que intención se fundou?

O obxetivo do clube é unificar a xente cunha mesma afección e servir de respaldo para os socios. Levábamos un tempo desprazándonos a outros concellos a participar en probas de BTT, e nós sabíamos que na nosa zona tíñamos moito que mostrar á xente de fóra. Polo que decidimos crear o club para así poder realizar a proba anual que levamos realizando desde a súa formación, salvo o 2020 e o 2021 debido á covid. Outro obxetivo dos nosos obxectivos é dar apoio federativo aos socios que o demanden.

Que actividades realizan durante o ano?

En setembro realizamos un proba de BTT que se divide en tres percorridos, un curto de 35km, un medio de 50km e outro longo de 70km. Todos os anos intentamos cambiar o percorrido e dar a coñecer todos os recunchos do Concello e parte dos concellos limítrofes. Á semana seguinte da proba de BTT realizamos o día da bici para os máis pequenos, cun pequeno circuíto polos arredores da praza e a exhibición dun profesional.

Ademais, desde novembro a maio colaboramos xunto o Concello de Guitiriz na realización do Btteando por Guitiriz, que consta de probas mensuais onde os pequenos de máis de 10 anos coñecen sobre a bicicleta as zonas máis destacables do Concello.

Trimestralmente tamén realizamos saídas para os socios e en fin de ano non pode faltar a chocolatada na Cova da Serpe onde invitamos a xente con ganas de subir á cova na bicicleta a tomar un chocolate con churros.

Os roteiros BTT que se realizan todos os meses que acollidan teñen?

Estamos bastantes sorprendidos coa resposta que tivemos por parte dos pais e dos máis pequenos. Xa temos un grupo fixo que sabemos que van estar todos os meses. E só por iso merece a pena realizar estes roteiros. Tamén ten unha boa acollida por parte dos socios do club, os cales axudan a organizalo para poder sacalo adiante.

Canto tempo levan realizándose?

Imos pola cuarta edición do Btteando por Guitiriz, e visto o último roteiro realizado, a xente este ano vén con moitas ganas e esperemos se celebren moitos mais.

Notaron un crecemento na afiliación?

Dende a primeira edición a participación sempre foi en aumento. De feito, nesta última edición contamos coa maior participación ata a data con máis de 40 persoas. Cremos que hai unha clara influenza pola visibilidade que levamos dando ao ciclismo durante xa máis de 7 anos. Cada vez vemos máis afección entre os veciños do pobo e de concellos limítrofes.  Por outra parte tamén se notan as ganas da xente de saír a desfrutar da natureza despois de que a pandemia nos encerrara nas casas.

De cara ao futuro que proxectos teñen?

Este é un deporte con distintas disciplinas, ciclismo de carretera, descenso, BTT, Triathlon, etc… ao medrar os socios do club tamén se abre ese abanico, polo que é necesario facilitarlles a práctica. En mente do club está a realización de rutas permanentes para así poder practicar esas disciplinas, así como achegarnos á xente máis nova como unha alternativa aos distintos deportes que se practican no Concello.

Que supuxo e supón a covid para o club?

Nun primeiro momento non foi fácil xa que a nosa actividade se realiza no exterior, pero o que nun primeiro momento foi un inconvinte máis tarde se convertiría nunha ventaxe, debido a que non é un deporte de contacto e ao se realizar en exterior tivemos unha certa facilidade frente a outro deporte á hora de volver á normalidade.  Pero sen dúbida, o máis destacado foi non poder realizar ningún tipo de proba.

Contan con axuda para manter o club activo?

As axudas coas que contamos son dende o Concello de Guitiriz ,por colaborar con eles na realización do Btteando por Guitiriz. O resto de aportacións veñen por parte dos socios. Tamén temos que comentar que para levar adiante a organización da nosa ruta anual, contamos con bastante axuda de empresas privadas e negocios do pobo que sen eles case sería imposible levala adiante.

Que necesidade se lles plantexan?

Un punto de lavado de bicicleta fixo, estaría ben para a xente que non dispón dese servizo, ou para a xente que se achega de fóra a realizar calquera actividade.  Así como elementos para facilitar os Bttenado por Guitiriz, walkies, carpas, cordar para remolcar, etc…

Que destacaría de positivo e negativo deste deporte?

Como positivo destacaría o contacto coa natureza, a facilidade para socializar, é un deporte apto para todas as idades sin importar a condición física e permite coñecer lugares novos e descubrir outros ao carón da casa.

Que ofrece a Terra Chá para a práctica do BTT?

É unha comarca moi extensa e con lugares diversos. Desde serras de media montaña ata paraxes totalmente chans que son únicas en Galicia. Temos bosques extensos, zonas de labranza, montes forestais, centos de ríos e regatos, o camiño de Santiago…. As posibilidades para a práctica do BTT son infinitas, e o estado dos camiños é bastante bo grazas a que aínda queda xente no rural que os sigue usando e os mantén en bon estado.